II Encontro Europeo

A Asociación de Acción Social Bolboretas Vermellas disponse a realizar o seu segundo Encontro Europeo en Vilar de Santos (Ourense), entre os días 12 e 18 de setembro de 2017. O encontro contará coa participación de distintas entidades europeas, procedentes de varios países, é dicir, de mozos e mozas procedentes de Turquía, Italia, Grecia e Francia.

Durante o encontro, as distintas asociacións partillarán experiencias, inquedanzas, plans, modos de traballo… Trátase dun encontro no cal todas as asociacións aporten e reciban algo, principalmente a experiencia acumulada dos seus compañeiros.

Pola nosa parte, a Asociación Bolboretas Vermellas preténdese constituír coma Centro de Desenvolvemento Xuvenial Europeo, levando ao seo da Limia toda clase de oportunidades, tanto de viaxes europeos, como de aprendizaxe de linguas, coñecemento de outras culturas etc.

Ademais de todo isto, a Asociación pretende, a través destes encontros, pór en valor o patrimonio, tanto cultural como ambiental, da Limia e, en particular, da área de Vilar de Santos. Será un encontro de debate, de partilla de experiencias e, sobre todo, de proxección cara o futuro da propia Asociación, que afianzará o seu firme propósito de democratizar a aprendizaxe das linguas e traer as oportunidades que Europa nos ofrece ao entorno rural.