Aguas Termais

En moitas zonas da provincia de Ourense podemos atopar baños con augas termais, desde a capital até en pequenas aldeas. Estas augas poden acadar temperaturas que poden chegar aos 45º. Por sorte, o Albergue Municipal “A Escola” atópase a escasos kilómetros das antigas termas romanas do Baño, en Bande, rehabilitadas e aptas para o seu desfrute. Tamén a escasa distancia, atopamos as termas de Ourense e Outariz.

Estes baños son altamente saudables e recomendados polo persoal sanitario da zona a persoas de todas as idades.