Albergue “A Escola”

O Albergue Municipal “A Escola” atópase na pequena aldea de Vilar de Santos, sendo outrora a escola da aldea que se restaurou recentemente concertíndoa nun Albergue Rural. A estrutura do edificio é a orixinal da escola, sendo modificado só o interior para poder acoller aos viaxeiros que así o desexen. O Albergue “A Escola” conta cunha cociña totalmente equipada, unha aula común onde se sirven as comidas ero que tamén é un bo lugar para relaxarse. Ademáis disto, o Albergue está rodeado de natureza, sendo o máis salientable a ladeira do monte que fica ás súas costas, desde a cal pódese apreciar gran parte da comarca da Limia e do que noutro tempo foi a Lagoa de Antela.

 

O Albergue conta con seis dormitorios:

  • Dous grandes, colectivas de catro liteiras cada un, sumando un total de oito camas por habitación.
  • Un dormitorio cunha liteira e, polo tanto, dúas prazas.
  • Un dormitorio con tres liteiras e un total de seis prazas.
  • Un dormitorio con dúas liteiras e catro prazas
  • Un dormitorio individual con baño.