III Encontro Europeo

A Asociación de Acción Social Bolboretas Vermellas disponse a realizar o seu terceiro Encontro Europeo entre o 16 e 22 de setembro de 2018. O encontro contará coa participación de distintas entidades europeas, procedentes de varios países, é dicir, mozos e mozas procedentes de Italia, Grecia, Portugal i España.

Durante o encontro, as distintas asociacións partillarán experiencias, inquedanzas, plans, modos de traballo… Trátase dun encontro no cal se mostra a importancia da muller no rural galego e onde todas as asociacións aporten e reciban algo, principalmente a experiencia acumulada dos seus compañeiros.

A Asociación Bolboretas Vermellas preténdese seguir construindo a iniciativa previa do Centro de Desenvolvemento Xuvenial Europeo, levando  toda clase de oportunidades, tanto de viaxes europeos, como de aprendizaxe de linguas, coñecemento de outras culturas etc.

Ademais de todo isto, a Asociación pretende, a través destes encontros, pór en valor o patrimonio cultural e ambiental. Será un encontro de debate, de partilla de experiencias e, sobre todo, de proxección cara o futuro da propia Asociación, que afianzará o seu firme propósito de democratizar a aprendizaxe das linguas e traer as oportunidades que Europa nos ofrece ao entorno rural.