Baile tradicional para extranxeiros

O obradoiro Baile tradicional para estranxeiros é unha proposta de Xurxemurxe pensada para adultos doutras nacionalidades europeas que están interesados na nosa cultura. Este taller, baséase nos aspectos en comúns dos pobos e as súas expresións e, a través desas cuestións en común chegar ao particular do noso baile e música tradicional.

 

 

A Muiñeira:

A muiñeira é o ritmo galego máis popular do territorio, o seu compás de 6×8 rápido, vivo e forte, acompañado de instrumentos percutivos como o tamboril, pandeiretas, pandeiros etc marcan a velocidade, pausas, cambios de ritmo ou xiros nos movementos.

Na muiñeira diferéncianse dúas partes claras:Na muiñeira diferéncianse dúas partes claras:

  • Paso base: no que se avanza ou move a roda
  • Puntos: unha persoa, marca un movemento que o resto debe imitar (isto pode facerse en roda ou en filas)

As coreografías máis básicas e o paso base

  • A roda e puntos
  • A roda, filas e puntos

Segundo o lugar da xeografía galega onde se recolla o baile, podemos atopar grosso modo dúas coreografías ou xeitos de bailar a muiñeira, ben todo o tempo en roda (zonas da provincia de Ourense, e parte interior da provincia de Pontevedra), ben o paso base na roda e os puntos en dúas filas. Este último responde ao esquema:

  • Roda (facendo o paso base dáse unha volta á roda)
  • Filas (despois de dar a volta a roda facendo o pase base, colocámonos en dúas filas onde unha persoa realiza un movemento e o resto a imitan) logo, vóltase á roda para darlle outra volta co paso base, e de novo a filas.
  • Puntos, movementos básicos

Os puntos máis básicos da muiñeira tamén responden a un esquema onde diferenciamos dúas partes:

  • a primeira (adiante-atrás-adiante cun pé)
  • a segunda (voltas, ou outros movementos que se realizan en 3 pasos ou tres tempos)

exemplo:

adiante, atrás, adiante UN, DOUS, TRES (saltando)

adiante, atrás, adiante ABRO, PECHO, ABRO (abrir e pechar as pernas saltando)

adiante, atrás, adiante VOLTA COMPLETA (dar unha volta sobre nós mesmos en tres pasiños)

O Agarrado

Como calquera baile agarro, báilase en parellas, agarrados un fronte o outro, seguindo o ritmo. No caso da muiñeira corrida ou na polca, báilase saltando en roda coa intención de acadar á parella que temos diante; outra modalidade é abrir e pechar a roda (cando a pechamos, meternos con outras parellas, dándolle patadas ou facéndolle carantoñas).

Vals

Pasodobre

Muiñeira

Corrida e/ou polca galega

Bailes Cantados

Estes bailes, aínda que semellan xogos de nenos, son bailes de adultos que cantaban en bailaban para mocear. Coa dinámica do xogo camuflábase a clara intención de ligar con aquel que che gustaba e ben visto pola sociedade da época.

Estes bailes cantados, a súa inmensa maioría están recollidos na Raia (zona fronteiriza entre Galicia e o país veciño Portugal) de aí a súa melodía e vocabulario particular semellante ao folclore portugués.

O Peciño

Poña aquí o seu peciño

Poña aquí ao pé do meu

Tire lá o seu peciño

Que é pra eu lá por o meu

Ora ora viras tu

Ora ora viro eu

Ora ora viras tu

Viras tu máis eu

Este baile realízase en parellas en roda, cada un agarrado á súa parella realiza un paso base moi sinxelo, despois cando a melodía cambia (ora viras tu, ora viro eu) movémonos rápído coa parella dando voltas e xirando a roda.

Don Melitón

Detrás da adega, don Melitón

Perdín o dedal, don Melitón

E fun dar parte, don Melitón

A Portugal, don Melitón

Detrás da adega, don Melitón

Perdín a agulla, don Melitón

E fun dar parte, don Melitón

A dona Xulia, don Melitón

Detrás da adega, don Melitón

Perdín o anel, don Melitón

E fun dar parte, don Melitón

Ao Frurriel, don Melitón

Andar no ar don Melitón

Os paxariños, don Melitón

Dame un abrazo don Melitón

Dame un biquiño don Melitón

Báilase todo o tempo en roda, collidos das mans. Un guía canta e o resto de participantes repite mentres movemos a roda. Cando a letra di: dame un abrazo, don Melitón/ dame un biquiño, don Melitón; dámoslle un abrazo á persoa que temos ao lado e un biquiño á persoa que temos do outro lado.

Tres horas de taller. 23,5€ por persona. A partir de 10 personas a 16€

LOGO BO